Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 05 de febreiro de 2002 Páx. 1.357

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (498/2001).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 498/2001, seguidos por instancia de Luis Rodríguez Vázquez, contra a empresa Obraserg E.C., S.L., sobre cantidade, se dictou a sentencia que ten o encabezamento e parte dispositiva seguintes:

«Sentencia. En Lugo, no vinte de novembro do ano dous mil un. Vistos por Mª de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, os presentes autos de xuízo verbal nº 498/2001 sobre reclamación de cantidade, no que son partes, como demandante, Luis Rodríguez Vázquez, representado polo graduado social Rafael Vila Pereiro, e, como parte demandada, a empresa Obraserg E.C., S.L., a cal non compareceu a pesar de estar citada en forma legal.-Decido que, estimando substancialmente a demanda interposta por Luis Rodríguez Vázquez contra a empresa Obraserg E.C., S.L., debo condenar e condeno a demandada a lle aboar ó demandante a cantidade bruta de cento sesenta mil quiñentas catorce pesetas (160.514 ptas.), polos conceptos xa expresados no segundo dos feitos probados desta resolución, exceptuando a recarga do 10% por mora salarial.-Notifíquese esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela non cabe interpor recurso ningún, polo que se declara a

súa firmeza (ex. arts. 189.1 TRLPL, 100 da LPL e 248-4º LOPX).-Así, por esta sentencia definitiva, o pronuncio, mando e asino. Mª de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado.-Publicación. A anterior sentencia foi lida e publicada

pola maxistrada que a subscribe cando se achaba a celebrar audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico, Rafael González Alió.-Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Obraserg E.C., S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo no vinte de decembro de dou mil un.

Rubricado