Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 05 de febreiro de 2002 Páx. 1.356

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2002 pola que se corrixen erros advertidos na Resolución do 14 de novembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 14 de xaneiro de 2002) pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico en relacións laborais e asistencia social.

Advertidos erros na resolución desta universidade de 14 de novembro de 2001 (DOG do 14 de xaneiro de 2002) pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico en relacións laborais e asistencia social, este rectorado ó abeiro do previsto no art. 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede a súa rectificación nos seguintes termos:

Base 2.1, c).-Onde di: «Estar en posesión dunha titulación de diplomado, arquitecto ou enxeñeiro técnico, ou en condición de obtela na data en que remate o prazo de presentación das solicitudes. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá estarse

en posesión da credencial que acredita a súa homologación».

Debe dicir: «Estar en posesión da titulación de diplomado en relacións laborais ou licenciado en dereito, de acordo co previsto na vixente relación de postos de traballo do persoal laboral, ou en condicións de obtela na data en que remate o prazo de presentación das solicitudes. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá estarse en posesión da credencial que acredite a súa homologación».

A Coruña, 14 de xaneiro de 2002.

José Luis Meilán Gil

Rector de Universidade da Coruña