Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 04 de febreiro de 2002 Páx. 1.326

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANDIÁS

EDICTO.

Con data do 27 de decembro de 2001 foi aprobado pola Comisión Municipal de Goberno o prego de cláusulas administrativas para a contratación do servicio de limpeza de edificios municipais, o que se expón ó público na secretaría do concello polo prazo de 8 días hábiles, contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, para que poidan presentarse reclamacións.

Así mesmo, anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato mediante concurso e polo trámite de urxencia.

Fianza provisional: 300,50 euros (50.000 pesetas).

Proposicións: presentaranse no rexistro de entrada do concello, durante o prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG (se coincidise con sábado ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo). Os criterios de valoración e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello.

Apertura de plicas: terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil (agás sábado), seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas.

Información: Concello de Sandiás. Teléfono 988 46 50 01. Fax: 988 44 60 48.

Sandiás, 11 de xaneiro de 2002.

Mª Concepción Méndez Gándara

Alcaldesa