Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 04 de febreiro de 2002 Páx. 1.325

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO (672/1983).

De conformidade co disposto no artigo 78 do TR da Lei de contratos das administracións públicas anúnciase concurso con procedemento aberto e poxa polo trámite urxente para a adxudicación polo Concello de Marín da execución das obras de demolición parcial de edificación existente en Seixo, conforme o seguinte contido.

1. Obxecto: a adxudicación das obras de demolición parcial de edificación existente en Seixo.

2. Prezo: 62.156,67 euros.

3. Garantía: definitiva polo 4% do importe da adxudicación.

4. Prazo e presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Concello de Marín, en horas de 9 a 14, agás sábado que será de 9 a 13 horas durante o prazo de trece días naturais (13), contados desde o día da publicación deste anuncio no BOP e no DOG.

(Tomarase en conta para estes efectos a derradeira publicación en calquera destes dous diarios oficiais).

5. Publicidade do expediente: a documentación necesaria e demais condicións do presente concurso figuran no correspondente prego de condicións administrativas particulares e proxecto aprobado redactado polo arquitecto Carlos Rosón Gasalla e que se atopan á disposición dos interesados na secretaría do concello para o seu exame.

6. Apertura de proposicións: o sobre B que conterá a proposición económica, abrirase na sala de comisión de goberno do Concello de Marín, ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións. De coincidir en sábado celebrarase ó día seguinte hábil á mesma hora.

Marín, 16 de xaneiro de 2002.

Antonio Santiago Fernández

Alcalde