Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 04 de febreiro de 2002 Páx. 1.305

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CUATRO DE LUGO

EDICTO (104/2000).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

«En Lugo o 20 de setembro de 2001.

Miguel Juan Convián Regales, maxistrado-xuíz de primeira instancia de Lugo, tendo visto os autos seguidos neste xulgado co número 104/2000, por instancia de Viña Ijaba, S.A., representada pola procuradora Mercedes Sanjurjo Moure e asistida do letrado Ángel Aramayo Lasaga, contra Fidel Rodríguez Penelas, en situación de rebeldía,

Decido que, estimando integramente a demanda interposta pola procuradora Mercedes Sanjurjo Moure, en nome e representación da entidade Viña Ijaba, S.A., contra Fidel Rodríguez Penelas, debo condenar e condeno a Fidel Rodríguez Penelas a lle pagar á entidade demandante a cantidade de 2.021.417 pesetas, máis 26.071 pesetas en concepto de gastos, máis os xuros legais producidos desde o 12 de febreiro de 2001, debendo aboa-las custas deste xuízo.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación de conformidade co establecido no artigo 455 da LAC».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado, Fidel Rodríguez Penelas, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Lugo, 20 de outubro de 2001.

O/a secretario/a

Asinado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE PONTEAREAS