Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 01 de febreiro de 2002 Páx. 1.272

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CESURAS

ANUNCIO do proceso selectivo para a provisión en propiedade mediante o sistema de promoción interna dunha praza de administrativo do Concello de Cesuras (A Coruña). Oferta de emprego do ano 2001.

No BOP da Coruña nº 295, do 27 de decembro de 2001, publícase a convocatoria e o texto íntegro das bases xerais e específicas que regulan o proceso selectivo para cubrir en propiedade unha praza de auxiliar administrativo do Concello de Cesuras (A Coruña) mediante o sistema de promoción interna.

O prazo de presentación de instancias para tomar parte nesta convocatoria será de 20 días naturais contados a partir do seguinte hábil ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse no BOP e no taboleiro de edictos deste concello.

Cesuras, 3 de xaneiro de 2002.

José Ferreiro Pardiñas

Alcalde