Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 01 de febreiro de 2002 Páx. 1.272

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

POXA pública para venda de parcelas en Nomdedeu.

No BOP de Ourense do día 11 deste mes publícanse íntegros os pregos de condicións para a venda,

en poxa pública, de parcelas propiedade deste Concello de Nomdedeu, por un total de 282.443,40 euros (46.994.629 pesetas).

As ofertas poden formularse en conxunto ou por parcelas separadas, segundo as condicións do prego, e tanto as ofertas como a documentación deben entregarse no rexistro do concello ata as 12 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A garantía provisional é do 2% do tipo de licitación de cada parcela ou lote, e a apertura da documentación e das ofertas terá lugar na casa do concello ás 13 horas do día seguinte hábil (agás sábados), ó de finalización do prazo de presentación.

Barbadás, 23 de xaneiro de 2002.

O alcalde

Rubricado