Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 31 de xaneiro de 2002 Páx. 1.219

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/153-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Saltos del Cabrera, S.L.

Domicilio social: r/ Toral, 2, 24380 Puente Domingo Flórez.

Denominación: CC.TT. intemperie en Quereño.

Situación: Rubiá.

Descricións técnicas: dous centros de transformación aéreos de 100 kVA cada un e relación de transformación 20.000/380-220 V, situados en Quereño: o C.T.-1 sobre torre metálica que se vai instalar preto da subestación e o C.T.-2 nunha torre metálica existente na rúa da Telleira. Rede de baixa tensión de enlace coa existente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 20 de decembro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense