Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Domicilio social: Marqués de Valladares, 23-2º, ofi. 2, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Arantei-Currás.
Situación: concello de Salvaterra de Miño.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 9 m de lonxitude, con conductor LA-56, desde a L.M.T. Arantei-Entenza ata o C.T. que se proxecta en Currás-Arantei, no concello de Salvaterra de Miño, de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 420 m de lonxitude, con conductor R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 12 de decembro de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra