Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 31 de xaneiro de 2002 Páx. 1.145

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 7 de xaneiro de 2002 pola que se procede a executa-la sentencia da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dictada no recurso de suplicación número 4263/1997, interposto por Jesús Méndez Candal.

Con data do 24 de xaneiro de 1997, Jesús Méndez Candal interpuxo demanda perante o Xulgado do Social número un da Coruña contra cuestións derivadas do concurso de traslados convocado para o persoal laboral pola Orde do 30 e abril de 1996 da Consellería da Presidencia e Administración Pública publicada no DOG nº 88, do 6 de maio de 1996.

Como consecuencia o Xulgado do Social número un dictou sentencia no procedemento número 64/97 e o interesado interpuxo perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o recurso de suplicación nº 4263/97 contra a devandita sentencia.

Visto o dito recurso pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dictou sentencia con data do 27 de abril de 2001, pronunciándose nos seguintes termos:

«Resolvemos: que estimando en parte o recurso de suplicación interposto por Jesús Méndez Candal contra a sentencia con data do quince de xullo de mil novecentos noventa e sete, dictada polo Xulgado do Social número un da Coruña, en proceso promovido por Jesús Méndez Candal fronte á Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia, sobre recoñecemento de dereito, con revogación desta, debemos condenar e condenamos á Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia a que lle adxudique ó demandante, a primeira praza vacante, da categoría do nivel 63, segundo a orde de preferencia que quedara deserta.».

Con data do 18 de maio de 2001, o director xeral da Función Pública dispuxo a execución da dita sentencia firme, nos seus propios termos, en virtude do disposto nos artigos 235 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de procedemento laboral.

Como consecuencia, procedeuse a citar a Jesús Méndez Candal para elixir destino entre os postos que se lle ofertaron da categoría 63 (conductor altos cargos, oficial 1ª conductor) do grupo III, elixindo o posto co código OT.C02.00.000.15770.090 pertencente á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

O posto elixido está ocupado por un traballador temporal con contrato de duración determinada subscrito ó abeiro do Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, para cubrir temporalmente o posto de traballo deixado vacante por xubilación especial, e todo iso ó amparo do Real decreto 1194/85, do 17 de xullo,

en relación co artigo 36.1b do III Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia. En consecuencia, e de conformidade co disposto no artigo 3.2º do citado Real decreto 1194/85, a duración do contrato temporal anteriormente referido será como mínimo dun ano, razón pola cal Jesús Méndez Candal non pode tomar posesión do indicado posto de traballo ata o 16 de maio de 2001.

Jesús Méndez Candal manifestou expresamente a súa opción en tomar posesión do posto co código OT.C02.00.000.15770.090 con data do 16 de maio de 2002.

Polo tanto, en virtude do exposto

DISPOÑO:

Primeiro.-Adxudicarlle a Jesús Méndez Candal, con DNI 32442744, o posto de conductor altos cargos (grupo III, categoría 63) co código OT.C02.00.000.15770.090, con destino na Secretaría Xeral da Consellería Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Segundo.-O interesado deberá tomar posesión no dito posto no prazo dun mes contado desde o día 16 de maio de 2002.

Terceiro.-Contra esta resolución poderase formular reclamación administrativa previa á vía xudicial laboral, perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, en aplicación dos artigos 120 e seguintes da Lei 30/1992, do 27 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e demais disposicións concordantes.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública