Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 30 de xaneiro de 2002 Páx. 1.134

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2001 pola que se anuncia concurso público aberto e tramitación ordinaria para a contratación de servicios de desenvolvemento da estructura básica e novas funcionalidades na Web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación de servicios de desenvolvemento da estructura básica e novas funcionalidades na Web do Igape.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape); Barrio de San Lázaro s/n, 15703

Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 16 92, fax: 981 54 10 92.

b) Número de expediente: CP 17/2001.

2. Obxecto do contrato: desenvolvemento da estructura básica de funcionamento da Web do Igape e de novas funcionalidades dela.

Prazos de execución e vixencia: oito meses desde o asinamento do contrato, prorrogable por acordo expreso das partes, dentro dos límites legais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo total de licitación: 13.500.060 ptas. (trece millóns cincocentas mil sesenta pesetas), IVE incluído, 81.136,99 euros.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación.

6. Clasificación: non se esixe.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: Barrio de San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Página Web: www.xunta.es/contratacion.

g) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado, e dentro do prazo sinalado, presentaranse no Rexistro Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, télex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de Correos.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco días desde a apertura das ofertas.

9. Variantes: admítense variantes sobre metodoloxía, melloras e prezo.

10. Apertura das ofertas: en acto público, ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó do termo do prazo de presentación de ofertas, procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público, ás 12 horas do décimo día hábil seguinte ó do termo do prazo de presentación de ofertas, procederase á apertura das ofertas económicas, na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

11. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica