Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 30 de xaneiro de 2002 Páx. 1.133

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2002 pola que se somete a información pública o expediente expropiatorio dos bens e dereitos afectados polo plan parcial reformado do polígono de Esteiro (Ferrol). Parcelas do grupo D.

1. O plan parcial do polígono de Esteiro en Ferrol, aprobado por orde do Ministerio da Vivenda do 30 de marzo de 1974 e modificado pola Orde do 4 de febreiro de 1977, foi obxecto de posterior reforma, dando lugar ó plan parcial reformado que foi aprobado definitivamente por acordo do Pleno municipal do 31 de xaneiro de 1984.

2. No dito plan parcial reformado determináronse catro grupos de parcelas obxecto de expropiación para a ampliación do polígono, ben que parte delas foron afectadas polo expediente expropiatorio tramitado polo Instituto Nacional de Urbanización para a execución do denominado proyecto de saneamiento y accesos al Polígono de Esteiro na zona das Telleiras.

3. O IGVS tramitou expediente expropiatorio relativo ás parcelas dos grupos A e B, que foi aprobado definitivamente por Resolución do 29 de maio de 1997, do delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, quedando pendente a expropiación das parcelas dos grupos C e D.

4. Co fin de proceder á expropiación das ditas parcelas, para a total execución do plan parcial reformado realizouse unha nova investigación do estado físico e xurídico delas, e para efectos de declara-la necesidade da súa ocupación, por resolución do IGVS do 16 de novembro de 2000 someteuse a información pública a relación de bens e dereitos.

No trámite foron presentadas as alegacións que constan no expediente, sendo obxecto de exame con estimación ou desestimación das mesmas e modificación da indicada relación.

5. De conformidade cos artigos 15 e seguintes da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 15 seguintes do seu regulamento, artigo 36 da Lei 6/1998, de réxime do solo e valoracións, artigos 144 e 145 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e artigos 199 e 201 do Reglamento de xestión urbanística,

RESOLVO:

Primeiro.-Aprobar, coas modificacións que resultan das alegacións presentadas, a relación de pro

pietarios, bens e dereitos das parcelas grupos C e D do plan parcial reformado do polígono de Esteiro, declara-la necesidade de ocupación das mesmas e segui-la expropiación polo procedemento de taxación conxunta.

Segundo.-Somete-lo proxecto de expropiación a información pública no prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, para que os que poidan resultar interesados poidan formula-las observacións e reclamacións que estimen convenientes, en particular no que respecta á titularidade e valoración dos seus respectivos dereitos, e notificar individualmente as taxacións ós que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de aprecio e da propostas de fixación dos criterios de valoración para que poidan formular alegacións no prazo dun mes contado a partir da data de notificación.

O expediente estará exposto nas oficinas da delegación provincial do IGVS na Coruña, sitas na 9ª planta do Edificio Administrativo de Monelos (Polígono de Elviña) e no Concello de Ferrol.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2002.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

RELACIÓN DE PREDIOS E TITULARES

Nº PREDIOPOL. CAT.Nº CAT.PROPIETARIOENDEREZOM

D13750313CHEDA MUÍÑOS, MANUEL HDOS.MARÍA, 209-4º (15401 FERROL)311

D1AR13750313REAL BUENO, ALBERTOTELLEIRAS, 13-BAIXO, CARANZA (15406 FERROL)0

D1AR23750313REAL BUENO, ANTONIOTELLEIRAS, 13-1º, CARANZA (15406 FERROL)0

D1A3750312MAYOBRE CASTELEIRO, JOSÉTELLEIRAS, 15-1º, CARANZA (15406 FERROL)90

D2375037VILLAR CASTRO, ANTONIOSTA. COMBA, 23-25, 6º A

(15404 FERROL)

87

D3375036ARBA GABEIRAS, ELISEO E CASTELEIRO FERNÁNDEZ, LUISAVDA. DEL MAR, 19-11 D

(15406 FERROL)

282

D4375035LAGO PALMEIRO, TERESANUEVA DE CARANZA, 175-177, 3º A (15404 FERROL)173

D63850612 Y 13TOJEIRO SAAVEDRA, MARÍA LUISA Y CASTRILLÓN TOJEIRO, Mª CARMEN, JOSÉ R. E LUIS M.TELLEIRAS, 31 BAIXO, CARANZA (15406 FERROL)352

D73850610 Y 11LOUREIRO LÓPEZ, ADELA, BALBINO, CARMEN E BENIGNACAMPO DA CRUZ, 23, ESTEIRO (15350 CEDEIRA)324

D9385068VIVERO CANOSA, MANUEL E JOSÉ MARÍAGOLPILLEIRA, STA. MARIÑA DO MONTE (15561 S. SADURNIÑO)236

D10385067BARROS ESPINA, MANUELDESCOÑECIDO (ARGENTINA OU VENEZUELA)106

D11385066BARGAS FERNÁNDEZ, CARMEN HDOS.PONTE DA CARANZA, BLQ. 22, Nº 3-5º ESQ. (15406 FERROL)203

D12385065FOLGUEIRA DOMÍNGUEZ, JOSÉTELLEIRAS, BLQ. 22, P.C. 4º ESQ., CARANZA (15406 FERROL)176

D13385064VILLAR CASTRO, DOMINGO HDOS.TELLEIRAS, BLQ. 22, P.B. 4º DER., CARANZA (15406 FERROL)165

D143850615DESCOÑECIDO402

D153850616 Y 17PEÑA PENELAS, JOSÉ RAMÓN HDOS.REP.: JAVIER ALVARIÑO DE LA FUENTE. GALIANO, 60-1º

(15402 FERROL)

314

D163850618LÓPEZ POUSO, RAFAEL E SAS FRAGA, FRANCISCA HDO.TELLEIRAS, BLQ. 22, PORTAL C., 2º ESQ., CARANZA

(15406 FERROL)

138

D173850619PEÑA PENELAS, DORINDA DIVINA HDOS.REP.: JAVIER ALVARIÑO DE LA FUENTE. GALIANO, 60-1º

(15402 FERROL)

125

D183850620MORANDEIRA LÓPEZ, Mª CARMEN RAQUELARQUITECTO REY PEDREIRA, 4-7º B (15011 A CORUÑA)791

D19385063DESCOÑECIDO283