Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 30 de xaneiro de 2002 Páx. 1.127

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 9 de xaneiro de 2002, da Delegación Comarcal de Vilagarcía de Arousa, pola que se fai pública unha relación de notificacións de aperturas e pregos de cargos de expedientes sancionadores (PESAN1 2001/000642-5 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, as aperturas e pregos de cargos dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentaren ante a delegación comarcal as alegacións que estimen pertinentes.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse ó dispor dos interesados na citada Delegación Comarcal de Vilagarcía de Arousa (O Carril, Alto da Rosa, s/n).

Nº de expediente: PESAN1 2001/000642-5.

Denunciado: Manuel Domínguez Rubirosa.

DNI: 76859487.

Enderezo: Camiño do Con do Gato nº 10, O Grove.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000659-5.

Denunciado: Antonio Santiago Domínguez Alfonso.

DNI: 76861260-K.

Enderezo: r/ A Viña de Millán nº 2, O Grove.

Vilagarcía de Arousa, 9 de xaneiro de 2002.

Carlos Gabín Sánchez

Delegado comarcal de Vilagarcía de Arousa

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS