Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 30 de xaneiro de 2002 Páx. 1.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 7 de xaneiro de 2002, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se notifican liquidacións de reintegros de pagamentos indebidos ás persoas que se sinalan (Bares G.I. Gallega S.L. e outro máis).

De conformidade co disposto na Orde do 21 de xullo de 1998, pola que se regula o procedemento de recadación nos supostos de reintegros de axudas ou subvencións públicas, pensións asistenciais e subsidios económicos, e segundo establece o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse por medio deste anuncio, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces e a notificación edictal no taboleiro de anuncios do concello, as liquidacións de reintegros dos importes que se indican, e polo concepto que se sinala en cada caso, ás persoas que se relacionan no anexo.

O pagamento deberá efectuarse dentro dos prazos fixados no artigo 20 do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, é dicir, as débedas notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior; e as notificadas entre os días 16 e últimos de cada mes, desde a data

de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

O documento de ingreso estará á disposición dos interesados no Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda en Vigo con enderezo na praza de América bloque 1 portal de oficinas 2ª planta, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres. O ingreso poderá efectuarse na caixa da propia delegación territorial ou en calquera das entidades colaboradoras autorizadas.

Transcorrido o prazo para o aboamento sen que este teña lugar, procederase ó seu aboamento de acordo co procedemento previsto nas normas reguladoras do procedemento recadatorio na vía executiva.

Vigo, 7 de xaneiro de 2002.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

-Debedor: Bares G.I. Gallega S.L. Marqués de Valadares, 14, Vigo.

NIF: B36862472.

Importe: 901,52 euros.

Concepto: reintegro por non subst. trab. Causou baixa Mª Carmen Escobar C Consellería de Familia, Muller e Xuventude-Formación e Emprego, 2000/54/000/H-30/2001. Re. Doc. 000010012266.

-Debedor: Bares G.I. Gallega S.L. Marqués de Valadares, 14, Vigo.

NIF: B36862472.

Importe: 15,40 euros.

Concepto: reintegro por non subst. trab. Causou baixa Mª Carmen Escobar C Consellería de Familia, Muller e Xuventude-Formación e Emprego, 2000/54/000/I-30/2001. Re. Doc. 000010012268.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA