Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 29 de xaneiro de 2002 Páx. 1.092

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2002, do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, de concurso por procedemento aberto de obras.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, Inludes.

2. Obxecto: liña subterránea de media tensión, centro de transformación e liña subterránea de baixa tensión, para subministración de enerxía eléctrica ó muíño do río Rato (A Fervedoira) Lugo.

3. Orzamento: corenta e dous mil douscentos cincuenta e dous con sesenta e dous euros (42.252,62 euros).

4. Prazo de execución: tres meses.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación, depositada na Tesourería do Inludes.

6. Información: Oficina de Apoio.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 13 días naturais, a partir do seguinte á publicación do presente extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Rexistro xeral do Inludes, das 10 ás 14 horas.

8. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP nº 11, do 14 de xaneiro de 2002.

Lugo, 15 de xaneiro de 2002.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo