1. Obxecto e orzamento: adquisición de material funxible para a toma de mostras tes prionics, por un importe máximo de noventa e sete mil novecentos oitenta e nove con cero sete euros (97.989,07 euros) (IVE incluído).
2. Solvencia económica, financeira e técnica: deberá acreditarse conforme o previsto na cláusula 18 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
3. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2002.
4. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Consellería de Sanidade, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación
e Xestión Económica, edificio administrativo San Lázaro, 2ª planta, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.
5. Garantías: non se esixen.
6. Admisión de variantes: non se admiten.
7. Criterios de adxudicación: ver cláusula 13 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade/Sergas, antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas que a Consellería de Sanidade ten na 2ª planta do edificio administrativo de San Lázaro, a partir das 9.30 horas do terceiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día habil.
10. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2002.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División
de Recursos Económicos