1. Obxecto e orzamento: servicio de mantemento do novo modelo de entidades de tarxetas sanitarias, por un importe máximo de douscentos corenta e seis mil catrocentos catorce con noventa e seis euros (246.414,96 euros) IVE incluído.
2. Solvencia económica, financeira e técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no número 17 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
3. Clasificación económica:
Grupo: III. Subgrupo: 3. Categoría: B.
4. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2002.
5. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Consellería de Sanidade, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo de San Lázaro, s/n, 2ª planta, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.
6. Garantías: non se esixen.
7. Admisión de variantes: non se admiten.
8. Criterios de adxudicación: ver número 12 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade/Sergas, antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
10. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas que a Consellería de Sanidade ten na 2ª planta, a partir das 9.30 horas do quinto día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.
11. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2002.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División
de Recursos Económicos