Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 29 de xaneiro de 2002 Páx. 1.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución da baixa de tres agrupacións de voluntarios de protección civil.

Non sendo atopadas no enderezo coñecido por esta consellería as agrupacións de voluntarios de protección civil que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, que foi dictada resolución en relación coa súa solicitude de baixa

no rexistro de voluntarios de protección civil, informándolles que contra a presente resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, e sen prexuízo de que o interesado poida presentar calquera outro recurso que estime conveniente.

Nombre da agrupaciónEnderezoData de notificación de primeiras dilixencias

AVPC de NigránPraza da Constitución, 2

Nigrán

29-1-2001

AVPC de PontecesuresJosé Novo Núñez, 1

Pontecesures

29-1-2001

Ayuda civil y ciudadana de VigoApdo. de Correos 311629-1-2001

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra