Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 29 de xaneiro de 2002 Páx. 1.072

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 17 de xaneiro de 2002 pola que se modifica a clasificación e se suprimen postos de traballo reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional do Concello de Fisterra.

Visto o acordo do Pleno do Concello de Fisterra (A Coruña), con data do 24 de novembro de 2001, relativo á modificación da clasificación do posto de Secretaría, actualmente de clase segunda, en Secre

taría de clase terceira, correspondente á subescala de Secretaría-Intervención de funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional, así como a documentación que se achega co dito acordo do Pleno.

A Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, de conformidade co establecido no artigo 241 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, no artigo 159.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e nos artigos 2 e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso das facultades que lle confire o artigo 13.2º.17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPÓN:

Primero.-Modifica-la clasificación do posto de Secretaría do Concello de Fisterra, provincia da Coruña, que queda establecida en clase terceira, reservándose a funcionarios/as pertencentes á subescala de Secretaría-Intervención.

Segundo.-Suprimi-lo posto de Intervención do mesmo concello.

Contra esta orde poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar, directamente, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública