Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 28 de xaneiro de 2002 Páx. 1.040

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO de adxudicación segundo o artigo 93.2º do TRLCAP.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Bueu.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

b) Descrición do obxecto: xestión tributaria, censual, inspectora e de recadación do Concello de Bueu.

c) Boletín oficial e data de publicación do anuncio de licitación: BOP do 12-9-2001 e DOG do 27-9-2001.

3. Tramitación: ordinaria; procedemento: aberto; forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 443.875 euros (73.854.552 pesetas), ten carácter estimativo.

5. Adxudicación.

a) Data: 7-12-2001.

b) Contratista: Asistencia en Gestión Tributaria, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: segundo a aplicación das seguintes ratios:

-Cobramento en voluntaria de ingresos por recibo: 3,80% do principal.

-Cobramentos en executivo: 85% da recarga.

-Asistencia en xestión catastral: 12% da cota líquida por unidade e notificación, ata o tope de 15.000. Anualidades atrasadas: 500 pesetas por unidade.

-Xestión de liquidacións directas e autoliquidacións: 800.000 pesetas anuais.

-Asistencia que orixine a incoación de acta de inspección e posterior regulación da débeda: 16% do total liquidado.

-Sancións urbanísticas: 10% en voluntaria, ata un máximo de 250.000 pesetas por sanción; 18% en executiva.

-Sancións de tráfico: 20% voluntaria; 25% executiva.

Bueu, 10 de decembro de 2001.

Tomás Barreiro Sotelo

Alcalde