Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 28 de xaneiro de 2002 Páx. 1.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación da proposta de resolución do expediente sancionador SAMI 47/2001.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución dictada no expediente sancionador SAMI 47/2001, por infracción do artigo 56 da Lei de minas 22/1973, do 21 de xullo, e artigo 75 do seu regulamento.

O interesado dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que estime pertinentes ante o instructor do procedemento, de conformidade co establecido no artigo 19, punto 1º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Lugo, 5 de decembro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Número expediente: SAMI 47/2001.

Denunciado: José del Cerro Gámez.

DNI/CIF: 34520564.

Enderezo: avda. de Madrid, 7-7º B, 27002 Lugo.

Precepto infrinxido: artigo 56 da Lei de minas 22/1973, do 21 de xullo, e artigo 75 do seu regulamento.

Sanción: 50.000 pesetas (300,51 euros).