Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Domicilio social: praza da Constitución, 17, Cee, A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. San Cibrán.
Situación: Carnota.
Descricións técnicas: L.M.T. aereosubterránea a 20 kV de 1.554 m e 35 m de lonxitude en conductor LA-56, R.H.V. de 95 mm Al, coa orixe na L.M.T.
Pontella-Alivia e final na C.T. de Pé de Poste de 250 kVA denominado San Cibrán. Concello de Carnota.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 12 de decembro de 2001.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións