Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 28 de xaneiro de 2002 Páx. 1.033

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 5 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 52293).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Berdillo-Sofán. Tarambollo-Aldemunde (tramo Tarambollo-Aldemunde). Anexo I.

Situación: Carballo.

Descricións técnicas: liña de media tensión aérea a 15/20 kV cunha lonxitude de 1.779 m, con orixe na L.M.T. Berdillo-Sofán-Tarambollo desde C.T. Campo Feira ata C.T. Aldemunde-Río (expediente 52.293), conductor tipo LA-56/54,6 mm, e final no C.T.C. Aldemunde-Río (expediente 52.293). Liña de media tensión subterránea a 15 kV de 35 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. proxectada e final no C.T. proxectado de Tarambollo. Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15/0,380-0,220 kV. Liña de baixa tensión aérea cunha lonxitude de 210 m, con orixe no novo C.T.C. Tarambollo, conductor R.Z., e apoios de formigón. Concello de Carballo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e

presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 5 de novembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña