Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 28 de xaneiro de 2002 Páx. 1.013

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 21 de xaneiro de 2002 pola que se designan tres vocais da comisión de selección dos participantes nos dous cursos para a obtención do diploma de directivo, convocados mediante resolución do director da Escola Galega de Administración Pública do 16 de novembro de 2001.

O artigo 6 do Decreto 294/1992, do 10 de setembro, modificado polo Decreto 1/1995, do 12 de xaneiro (DOG nº 9, do 13 de xaneiro) e 319/1996, do 26 de xullo (DOG nº 153, do 6 de outubro) polo que se regula o diploma de directivo, establece que a comisión que selecciona os aspirantes a participar nos cursos para a obtención do citado diploma estará integrada, entre outros membros, por tres vocais designados polo conselleiro da Presidencia e Administración Pública. En virtude do anterior,

DISPOÑO:

Artigo único.-Designar como vocais da comisión que levará a cabo a selección dos participantes nos dous cursos para a obtención do diploma de directivo, convocados mediante resolución do director da Escola Galega de Administración Pública, do 16 de novembro de 2001, as seguintes persoas:

-Joaquín López-Rúa Soler, director xeral da Función Pública da Xunta de Galicia.-Jaime Bouzada Romero, inspector xeral de Servicios da Xunta de Galicia.-Alfonso Rueda de Valenzuela, director xeral de Administración Local.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública