Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 25 de xaneiro de 2002 Páx. 1.006

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

ANUNCIO do 10 de decembro de 2001, da Área Provincial da Coruña, polo que se require a retirada dos mobles da vivenda sita en Ferrol, rúa Alcalde Quintanilla, unidade veciñal 2, bloque 5, planta 13 A, conta 439, expediente C2CD68, a aquelas persoas que acrediten o seu dereito a eles.

Con data do 22 de novembro de 2001 procedeuse ó lanzamento dos ocupantes da vivenda situada en Ferrol r/ Alcalde Quintanilla, unidade veciñal 2, bloque 5, planta 13 A, conta 439, expediente C2CD68 coa conseguinte recuperación da posesión desta. O

dito lanzamento é consecuencia do procedemento de desafiuzamento nº 35/99 seguido contra Dolores Maneiro Maneiro e que foi resolto con data do 30 de novembro de 2000. Para proceder ó lanzamento solicitouse autorización xudicial de entrada en domicilio que se concedeu con data do 23 de outubro de 2001.

Unha vez efectuado o lanzamento, observouse que existen diversos mobles e enxoval que non foron retirados polo seu propietario, polo que, despois de diversas indagacións e descoñecendo o seu domicilio actual, requírese a aquelas persoas que puideran ter dereito sobre os ditos mobles para que, unha vez acreditado, os retiren do inmoble no prazo dun mes a partir da publicación deste anuncio. Transcorrido o dito prazo consideraranse bens abandonados para tódolos efectos, segundo o establecido no artigo 703.1º da Lei de axuizamento civil.

Para proceder á entrega dos enxoval deberán dirixirse á Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (edificio de Servicios Múltiples. Salvador de Madariaga s/n. A Coruña. Teléfono 981 18 48 00, expido, asino e selo este anuncio na Coruña o 10 de decembro de 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña