Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 25 de xaneiro de 2002 Páx. 1.001

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación dos expedientes sancionadores en materia de costas ES/61-01/RI e ES/73-01/VC, devoltos polo

servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructor destes procedementos a Ángel Blas Paz Díaz e secretaria a Ana Torrón Díaz, funcionarios desta delegación provincial, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de concorre-los supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas estimen convenientes, e de se-lo caso, propoñer probas, concretando os medios de que intenten valerse.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobada polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Lugo, 13 de decembro de 2001.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente nº ES/61-01/VC.

Denunciado: Aitor López Martínez.

DNI: 34098516.

Último enderezo coñecido: Paseo Aintzieta, 5-1º esq., 20014, San Sebastián, Guipúzcoa.

Feitos imputados: acampada en zona de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre, no lugar de praia de Esteiro, termo municipal de Ribadeo, sen autorización en materia de costas, ocupando unha superficie de 5 m durante un día.

Precepto sancionador: artigo 90 c) en relación co artigo 25.2º da Lei 22/1988, de costas, e co artigo 45.2º do seu regulamento, aprobado polo Real decreto 1471/1989.

Cualificación da sanción: leve (artigo 91.3º da Lei 22/1988, de costas).

Sanción que corresponde: multa de 5.000 pesetas (30,05 euros) por metro cadrado e día e como mínimo 5.000 pesetas (artigo 184 d) do Regulamento de costas).

Expediente nº ES/73-01/VC.

Denunciado: Daniel González Medraño.

DNI: 25463719.

Último enderezo coñecido: r/ Andes, 3-1º, 50012, Zaragoza.

Feitos imputados: acampada en zona de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre, no lugar de praia de Abrela, termo municipal do Vicedo, sen autorización en materia de costas.

Precepto sancionador: artigo 90 c) en relación co artigo 25.2º da Lei 22/1988, de costas, e co artigo 45.2º do seu regulamento, aprobado polo Real decreto 1471/1989.

Cualificación da sanción: leve (artigo 91.3 da Lei 22/1988, de costas).

Sanción que corresponde: multa de 5.000 pesetas (30,05 euros) por metro cadrado e día e como mínimo 5.000 pesetas (artigo 184 d) do Regulamento de costas).