Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 25 de xaneiro de 2002 Páx. 998

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 19 de decembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 08/2001).

Para os efectos previstos no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, da Xunta de Galicia, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 136),

sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Estega Estudios, S.L.

Enderezo: Curros Enríquez, 13-2º B, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación: parque eólico Costa Grande.

Concellos afectados: Muros e Carnota (A Coruña).

Coordenadas:

V: (X= 491.330; Y= 4.737.525), V: (X= 491.330; Y= 4.738.250)

V: (X= 495.200; Y= 4.742.200), V: (X= 496.450; Y= 4.741.000)

V: (X= 493.000; Y= 4.736.525).

Potencia que se vai instalar: 50 MW.

Durante o prazo de vinte días poderanse presentar solicitudes en competencia axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia.

A Coruña, 19 de decembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña