Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 25 de xaneiro de 2002 Páx. 976

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 28 de decembro de 2001 pola que se convoca o concurso previsto no artigo terceiro do Regulamento para o desenvolvemento e aplicación do previsto na disposición transitoria décimo primeira da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

Advertidos erros na publicación da orde que se cita, efectuada no Diario Oficial de Galicia nº 9, do 14 de xaneiro de 2002, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 489, no anexo I.1.3, na fila correspondente ó posto código: AG C99 40 301 15080 043, na columna de tipo de posto, onde di: «B», debe dicir: «N»; e na columna do grupo debe dicir: «B».

Na páxina 492, onde di: «I.1.2. Posto no que permanecerá prestando servicios...», debe dicir: «I.11.2. Posto no que permanecerá prestando servicios...».