Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 24 de xaneiro de 2002 Páx. 960

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión do 20 de novembro de 2001, acordou aprobar inicialmente o proxecto de estatutos e bases de execución da constitución da xunta de compensación do polígono 2 do Plan parcial de Piadela, tramitado por Terrenos Piadela, S.L., o que se fai público por espacio de vinte días, contados desde o día seguinte ó desta publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 44.3º da Lei 7/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para os efectos das posibles alegacións que se estimen procedentes. O expediente queda de manifesto, durante o prazo sinalado, no Servicio de Urbanismo deste concello.

Betanzos, 18 de decembro de 2001.

Antonio Lagares Pérez

Delegado de Urbanismo