Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 24 de xaneiro de 2002 Páx. 956

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Secretariado Profesional de Galicia (Asepga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Secretariado Profesional de Galicia (Asepga) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas que realizasen estudios de secretariado e teñan dous anos de experiencia profesional e tamén poderán pertence-los que, sen ter estudios profesionais, acrediten unha experiencia no exercicio da profesión de tres anos.

Asinan a acta de constitución: Isabel Viña Díaz e dúas persoas máis.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais