Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 24 de xaneiro de 2002 Páx. 950

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/152-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica José Mantaza García, S.L.

Domicilio social: Casares, 11, 27528 Carballedo.

Denominación: L.M.T. Gulfar-Pozo Antigo (1ª f).

Situación: A Peroxa.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 971 m de lonxitude en circuíto simple, con orixe na L.M.T. existente Maceira-Gulfar e remata no seu apoio nº 10.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 3 de decembro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense