Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 24 de xaneiro de 2002 Páx. 948

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2001, do Servicio Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación polo trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de acondicionamento da estrada LU-760, primeira fase, treito N-640 (Ludrio)-Mosteiro-Lugo; clave LU/99.20.1, termos municipais de Pol e Castro de Rei.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotacións de estradas.

Con data do 14 de novembro de 2000 procédese á aprobación do proxecto de construcción das obras do proxecto de acondicionamento da estrada LU-760-1ª fase, treito N-640 (Ludrio)-Mosteiro-Lugo; clave LU/99/20.1., termos municipais Pol e Castro de Rei, polo director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 5 de xullo de 2001, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra polo Decreto 181/2001, publicado no DOG nº 150, do 3 de agosto de 2001.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto no artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan no lugar, data e hora que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

-Casa do Concello de Pol.

Día: 18 de febreiro de 2002.

Horario: das 10 ás 13 horas.

De: Abuide Monasteiro, Carmen a Freire Rodríguez, Elvira.

Día: 19 de febreiro de 2002.

Horario: das 10 ás 13 horas.

De: Freire Rodríguez, Sabino a Pérez Valcarce, hdos. Modesto.

Día: 20 de febreiro de 2002.

Horario: das 10 ás 13 horas.

De: Picos Pillado, Carmen a Veiga Casteda, Manuel.

-Casa do Concello de Castro de Rei.

Día: 21 de febreiro de 2002.

Horario: das 10 ás 12 horas.

De: Abeleira Legaspi, Sagrario a Villamartín Rodríguez, Daniel.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos nos concellos de Pol e Castro de Rei e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Lugo (Ronda da Muralla, 70, 1ª planta) 27071, Lugo.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, e achega-los documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución; poden facerse acompañar pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Lugo, as alegacións que consideren pertinentes co obxeto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Lugo, 27 de decembro de 2001.

Carlos Escudero Vigil

Enxeñeiro xefe do Servicio Provincial de Estradas

de Lugo