Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 24 de xaneiro de 2002 Páx. 940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 19 de decembro de 2001, do recadador de zona da Coruña, polo que se relacionan dilixencias de embargo pendentes de notificar e se empraza a interesada que se sinala (Barcia Lence, María Luisa).

O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia, titular de zona da Coruña, por medio do presente anuncio comunica que se seguen neste órgano de recadación procedementos administrativos de constrinximento contra o debedor que se sinala na relación que se xunta, segundo establece o artigo 110 do Regulamento xeral de recadación. No devandito expediente practicouse dilixencia de embargo sobre o ben que aparece como propiedade do debedor; dilixencia que non lle puido ser notificada á interesada malia os intentos feitos neste sentido. A referencia da dilixencia é a que sinala no anexo.

Dos embargos que se citan tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, emprázase á interesada, ou o seu representante, para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación da Coruña, r/ Comandante Fontanes, 17-1º A) no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 19 de decembro de 2001.

Nazario Villalva

Recadador de zona da Coruña

ANEXO

InteresadoNIFData

dilixencia

Descrición

do ben

Barcia Lence, María Luisa14-12-1999Predio 4869 bis

Rexistro 2 A Coruña