Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 24 de xaneiro de 2002 Páx. 939

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

EDICTO (694/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 694/2001, seguidos por instancia de Lourdes Castillo Reyes, contra Jesús Martínez González, sobre despedimentos nos que recaeu sentencia con data do 22-11-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que, estimando a demanda formulada por Lourdes Castillo Reyes, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa Jesús Martínez González a que, á súa elección, que debe efectuar no prazo de cinco días, a readmita no seu posto e condicións de traballo ou a indemnice coa cantidade de 108.832 pesetas, con aboamento en todo caso dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da notificación desta sentencia, e que ata a data ascenden a 294.250 pesetas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevense a empresa demandada de que, para recorrer, deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604.0000.60 694-2001, do Banco Bilbao Vizcaya desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 25.000 pesetas en concepto de depósito; sen estes requisitos non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así mesmo, advírteselle á parte demandada que, se fai uso de tal dereito optando pola readmisión, durante a substanciación do procedemento deberalle aboar á parte demandante o mesmo salario que tería percibido estando obrigada esta a presta-los seus servicios á demandada, a menos que prefira facer uso de tal aboamento sen percibir ningunha compensación por parte da demandante.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Jesús Martínez González, expido e asino esta cédula na Coruña o 16 de xaneiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado