Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 23 de xaneiro de 2002 Páx. 914

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (expediente FG 418).

Por resolución desta alcaldía 6492/2001, con data do 19 de decembro de 2001, acordouse aprobar inicialmente o Plan especial de reforma interior sobre predio en Montrove; avda. Rosalía Castro, Liáns, tramitado por Jesús Suárez Becerra.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas tódolos días laborables polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a última publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 3 de xaneiro de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta