Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 23 de xaneiro de 2002 Páx. 896

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2001, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 2001-04-1938.

Para os efectos previstos no artigo 93 del Real decreto lexislativo 2/2000, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento, en virtude das atribucións que lle foron delegadas pola Orde do 22 de febreiro de 2000,

da Consellería da Presidencia e Administración Pública, acordou darlle publicidade á seguinte adxudicación:

Expediente 2001-04-1938: asistencia técnica para a realización dos traballos de análise, deseño, desenvolvemento, implantación, soporte e mantemento da páxina Web da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, adxudicada á empresa Interacción Comunicación Interactiva Multimedia, S.L., CIF: B-36820538, en 54.091,09 euros (nove millóns de pesetas, 9.000.000).

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2001.

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento