De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 28 de novembro de 2000 (BOE do 21 de decembro) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de xornalismo, do departamento de Ciencias da Comunicación a Fermín Galindo Arranz, e tendo en conta que o interesado cumpre os requisitos a que alude o epígrafe 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Fermín Galindo Arranz profesor titular de universidade da área de
coñecemento de xornalismo, do departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2001.
F. Darío Villanueva Prieto
Rector da Universidade de Santiago de Compostela