Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 23 de xaneiro de 2002 Páx. 892

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 20 de decembro de 2001 pola que se fixan as tarifas e prezos correspondentes á prestación de servicios nas instalacións xuvenís, expedición de carnés dirixidos á xuventude e participación en actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude, durante o ano 2002.

Advertido erro, na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 251, do luns 31 de decembro de 2001, cómpre efectua-las seguintes correccións:

Na páxina 16.647, onde di: «A Lei 13/1991, que regula as taxas, prezos e exancións,...», debe dicir: «A Lei 13/1991, que regula as taxas, prezos e exaccións,...».

Na páxina 16.648, no epígrafe C do ANEXO I, onde di: «..., durante o curso 2001/2002, que abrangue do 1 de outubro de 2001 ó 30 de xuño de 2002.»., debe dicir: «..., durante o curso 2002/2003, que abrangue do 1 de outubro de 2002 ó 30 de xuño de 2003.».

Na páxina 16.649, no ANEXO III, onde di:

«H. Programa «Encontro europeo de medioambiente»... 15 euros.

I. Programa «Vive a Neve-2002».

Manzaneda 99 euros.»,

debe dicir:

«H. Encontros e Congresos 15 euros.

I. Programa «Manzaneda Branca» 99 euros».