Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 22 de xaneiro de 2002 Páx. 874

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión do día 16 de novembro do ano 2001 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente por instancia de Viñafersa, S.L. (representada por Manuel Fernández González), e Promociones y Construcciones Cotoriño, S.L. (representada por José Antonio Velo Domínguez e Augusto Loureiro Atrio) en representación da comisión xestora do polígono 3 da área de reparto 2 do SU-32, do PXOU de Ourense, os estatutos e bases da actuación para xunta de compensación do dito ámbito que se vai constituír para a xestión urbanística do dito polígono.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circuntancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 3 de decembro de 2001.

José Luis Rodríguez Cid

Alcalde accidental