Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 22 de xaneiro de 2002 Páx. 872

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión celebrada o día 11 de decembro de 2001, acordou o inicio do procedemento de tramitación do proxecto de compensación da UA 41, sita en travesía da Pastoriza, promovido por Manuel Figueiras Vitureira, en representación de Doficas, S.L., e redactado polo arquitecto Carlos A. Rodríguez Enríquez, procedéndose en consecuencia a efectua-las notificacións que sinala o artigo 102.4º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e ó mesmo tempo sometelo a información pública polo prazo de vinte días (20), contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito o prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo e presenta-las alegacións que coiden convenientes. (Expediente 3/2001.COM).

Ó mesmo tempo suspéndese o outorgamento de licencias de parcelación e edificación no ámbito da unidade de actuación nº 41 mentres o presente proxecto non sexa aprobado definitivamente.

Arteixo, 4 de xaneiro de 2002.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente alcalde