Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 22 de xaneiro de 2002 Páx. 869

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2001 pola que se fai pública a adxudicación do concurso público para a contratación da subministración e instalación de equipamento de material informático para o Instituto Galego de Promoción Económica (C.P. 16/2001).

En cumprimento do disposto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de subministración:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Número de expediente: C.P. nº 16/2001.

2. Obxecto do contrato: subministración e instalación de equipamento de material de oficina para o Igape (C.P. 16/2001).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 211, do 31 de outubro de 2001.

5. Orzamento máximo total de licitación: 79.987,50 euros, IVE incluído (13.308.800 pesetas, IVE incluído).

6. Adxudicación:

a) Data: 27 de novembro de 2001.

b) Contratistas e importes de adxudicación:

-Lote 1: Coremain, por un importe de 5.000.025 pesetas, IVE incluído, correspondentes a 333.335 pesetas, IVE incluído de prezo unitario por ordenador de usuario.

-Lote 2: Coremain, por un importe de 1.075.000 pesetas, IVE incluído.

-Lote 3: Coremain, por un importe de 1.975.000 pesetas, IVE incluído.

-Lote 4: deserto.

-Lote 5: Remuíño, por un importe de 489.000 pesetas, IVE incluído.

-Lote 6: VSM Sistemas Coruña, por un importe de 1.189.696 pesetas, IVE incluído, correspondentes a 594.848 pesetas, IVE incluído de prezo unitario por escáner.

-Lote 7: QED, por un importe de 713.400 pesetas, IVE incluído, correspondentes a 71.340 pesetas, IVE incluído de prezo unitario por impresora láser individual.

-Lote 8: Conecta, por un importe de 392.080 pesetas, IVE incluído, correspondentes a 196.040 pesetas, IVE incluído de prezo unitario por impresora láser para grupos de traballo.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica