Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 22 de xaneiro de 2002 Páx. 857

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente, se declara de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV, subestación Boimente-subestación Buio (tramo subestación Boimente-apoio número 13), nos termos municipais de Viveiro e Xove (Lugo). (Expediente 010/2001 A.T.).

Examinado o expediente instruído por pedimento da empresa Electra de Viesgo I, S.A., con enderezo para efectos de notificación en r/ Medio, 12, apartado 35, 39080 Santander, resultan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro.-Con data 5 de marzo de 2000 a citada empresa solicita a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública da citada instalación; presentando o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria undécima do Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

-Liña de alta tensión aérea a 132 kV, sobre torres metálicas de celosía, en simple circuíto con dous conductores por fase tipo LA-280 e cable de terra OPGW, de 2.931 m de lonxitude, para interconexión das subestacións eléctricas de Boimente e Buio (tramo subestación Boimente-apoio nº 13) ós parques eólicos Montouto e Alabe-Lomba, concellos de Viveiro e Xove (Lugo).

Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo someteu o citado proxecto de instalacións, xunto coa relación de bens e dereitos afectados, a trámite de información pública mediante Resolución do 3 de setembro de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia do 3 de outubro, no BOP de Lugo do 12 de setembro e no diario El Progreso do 17 de setembro, no taboleiro de anuncios dos concellos de Viveiro e Xove e na Delegación Provincial de Lugo; así mesmo a delegación pro

vincial notificou individualmente a mencionada solicitude a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, no seu caso, establecesen o condicionado procedente.

Terceiro.-Durante o período en que se someteu a trámite de información pública, Venancio Casavella Yáñez, en calidade de presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Santo André de Boimente, alega que debe de tramitarse o expediente de prevalencia dos montes veciñais polo Consello da Xunta, logo do informe da consellería correspondente, afirma non ter noticias de que se estea tramitando ou se vaia facer.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial de Lugo, comprobándose mediante inspección sobre o terreo seguindo o trazado proposto para a instalación desta liña, que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume de paso, non se dan as prohibicións nin limitaciones previstas no artigo 57 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 21 de xuño, e o Decreto 310/2001, do 17 de decembro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia en relación co Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, xa citados.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-Á vista da alegación presentada por Venancio Casavella Yáñez, da contestación dada a ela por parte da empresa promotora e o resto da documentación que consta no expediente, cabe dicir que non se pode estudia-la posibilidade de prevalencia dunha instalación sobre outra, ata que se declare a utilidade pública da dita instalación.

Cuarto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autoriza-la liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV, subestación Boimente-subestación Buio (tramo subestación Boimente-apoio nº 13), nos termos municipais de Viveiro e Xove (Lugo).

2. Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

3. Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas