Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 22 de xaneiro de 2002 Páx. 851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 28 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/419-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Socieda. Electricista de Tui, S.A.

Domicilio social: r/ Coruña, 20, 36700 Tui.

Denominación: cambio de tensión de tódalas instalacións da empresa.

Situación: concellos de Baiona, Gondomar, Salceda de Caselas, Tomiño e Tui.

Descricións técnicas: cambio de tensión de tódalas liñas e centros de transformación de 15 kV a 20 kV as instalacións están situadas nos concellos de Baiona, Gondomar, Salceda de Caselas, Tomiño e Tui.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 28 de novembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra