Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 22 de xaneiro de 2002 Páx. 848

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2002 pola que se anuncian as licitacións dos concursos para as concesións da explotación dos servicios públicos das estacións de autobuses da Pobra do Caramiñal (A Coruña), Foz e Mondoñedo (Lugo), Celanova (Ourense) e O Grove e A Guarda (Pontevedra), polo procedemento aberto.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: concesións das explotacións dos servicios públicos das estacións de autobuses seguintes: A Pobra do Caramiñal (A Coruña), Foz e Mondoñedo (Lugo), Celanova (Ourense), e O Grove e A Guarda (Pontevedra).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación: ver prego.

5. Garantías.

Provisional: 6.010,12 euros equivalente a 1.000.000 de pesetas por cada un dos contratos.

6. Obtención de documentación e información.

Os regulamentos de explotación e os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen os concursos de cada unha das estacións de autobuses, poderán recollerse en:

a) Entidade: nas delegacións provinciais da CPTOPV. Na Dirección Xeral de Transportes.

b) Enderezo: praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: 981 54 45 94.

e) Telefax: 981 54 43 51.

Tamén poderán recollerse os pregos de cláusulas administrativas particulares e os regulamentos de explotación de cada unha das estacións de autobuses na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?n=916 para A Pobra do Caramiñal (A Coruña), n=917 para Foz (Lugo), n=918 para Mondoñedo (Lugo), n=919 para Celanova (Ourense), n=920 para O Grove (Pontevedra), e n=921 para A Guarda (Pontevedra).

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante un informe dunha institución financeira precisamente referido ó obxecto de cada contrato.

A solvencia técnica ou profesional acreditarase por calquera dos medios establecidos no artigo 19 do TRLCAP.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións terminarase ás catorce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que integrará as ofertas: véxanse os pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse polo correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme ó disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Domicilio: rúa San Caetano s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15071.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Dirección Xeral de Transportes.

b) Domicilio: praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: décimo primeiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte á data de terminación do prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido destes e o seguinte lema: «Proposición que presenta ... para optar ó concurso de concesión da explotación do servicio público da estación de autobuses de ... (...)».

11. Gastos de anuncios: por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2002.

P.D. (Orde 25-10-1983, DOG do 14 de decembro)

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes