Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 22 de xaneiro de 2002 Páx. 848

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-2470; XG-236, Chantada-San Fiz, con anexos.

O acordo directivo do 3 de outubro de 2001 autorizou a transmisión da concesión de referencia a favor da empresa Viledobús, S.L. por cesión do seu titular, Mª del Socorro Ledo García.

O que se publica unha vez cubertos os requisitos a que se condicionou a dita autorización, quedando subrogado o novo concesionario nos dereitos e obrigas da concesión.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes