Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 22 de xaneiro de 2002 Páx. 845

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2002 pola que se convoca un curso superior de protección civil.

Dentro do programa de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 2002, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso superior de protección civil, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

A formación, capacitación e perfeccionamento profesional do persoal técnico en temas de protección civil, tendo en conta as súas funcións de responsabilidade na planificación, coordinación, dirección e toma de decisións en todo tipo de emerxencias.

Segunda.-Destinatarios.

-Persoal técnico de proteccion civil da Administración autónoma de Galicia.

-Persoal técnico, funcionarios con responsabilidade en protección civil da Administración local (bombeiros, policía local, funcionarios municipais con responsabilidade en protección civil) e da Administración xeral do Estado.

-Xefes ou responsables das agrupacións de voluntarios de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, que teñan realizado o curso básico e cando menos dous de segundo nivel.

Terceira.-Desenvolvemento.

1. Prazas: o número de prazas ofertadas é de 27.

2. Duración e data: o curso dará comezo o día 18 de marzo de 2002, e terá unha duración de 120 horas lectivas.

O curso desenvolverase os luns e martes todo o día.

O horario será o seguinte:

-Mañás: das 9.30 ás 14 horas.

-Tardes: das 16 ás 20 horas.

3. Lugar: o curso realizarase na sede da Academia Galega de Seguridade no concello da Estrada.

Cuarta.-Solicitudes e prazo de inscrición.

1. A inscrición dos participantes é totalmente gratuíta.

2. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

3. O prazo para a presentación será de 15 días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

4. As instancias deberán vir asinadas polo presidente da agrupación e seladas, e no caso de haber máis dunha solicitude da mesma agrupación, relacionalas en orde prioritaria. Este será requisito indispensable para ser admitido no curso.

5. As instancias deberán enviarse por correo, fax, etc. á sede da Academia Galega de Seguridade: Ave

nida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Quinta.-Contido.

O curso consta de doce módulos con clases teórico-prácticas:

Módulo I: riscos naturais. Temporais, choivas, xeadas, fortes ventos. (Predicción meteorolóxica. Interpretación de boletíns de fenómenos meteorolóxicos e mapas). Movementos sísmicos. Encoros.

Módulo II: riscos tecnolóxicos: risco químico. Transportes de mercadorías perigosas. Risco radioactivo. Risco gas natural.

Módulo III: incendios urbanos e forestais.

Módulo IV: tráfico e seguridade vial.

Módulo V: cartografía, orientación e localización. Interpretación de planos.

Módulo VI: asistencia sanitaria en accidentes e catástrofes.

Módulo VII: normativa legal. A protección civil como servicio público. Agrupacións de voluntarios de P. Civil. Responsabilidade civil e penal.

Módulo VIII: análise de risco.

Módulo IX: prevención. Autoprotección e planificación.

Módulo X: xestión e dirección das emerxencias.

Módulo XI: o apoio psicolóxico en situacións de catástrofes.

Módulo XII: información á poboación e ós medios de comunicación.

Sexta.-Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase con quince días de antelación á celebración do curso, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono 986 59 00 21.

Sétima.-Asistencia.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade en tódalas actividades do curso. A falta de asistencia, mesmo cando sexa xustificada, a máis dun 10% das horas lectivas programadas determinará a cualificación de non apto no curso.

Oitava.-Certificado de aproveitamento.

Ó remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia e aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa asistencia continuada e superen as correspondentes probas de coñecementos e a realización dun traballo escrito.

Novena.-Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 8 de xaneiro de 2002.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA