Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 22 de xaneiro de 2002 Páx. 833

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2001, da Inspección Xeral de Servicios, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0001335/2001-JL interposto por Mer-

cedes Castro Pita.

A Inspección Xeral de Servicios recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo, sección primeira do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo número 01/0001335/2001-JL interposto por Mercedes Castro Pita contra a resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 13 de xullo de 2001, pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de xullo de 2001, polo que se aproba a relación de postos de traballo na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (DOG nº 143, do 24 de xullo).

En consecuencia, esta inspección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2001.

Jaime Bouzada Romero

Inspector xeral de Servicios