Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 21 de xaneiro de 2002 Páx. 800

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/97-2, 5659 A.T.)

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en estrada de Currelos.

Situación: Monforte de Lemos.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea núa con lonxitude de 0,017 km con orixe na L.M.T. circunvalación Monforte de Lemos, conductor tipo LA-56 e final na L.M.T. subterránea de estrada de Currelos. L.M.T. subterránea con lonxitude de 0,76 km, con orixe no apoio nº 1 da L.M.T. aérea a C.T. de estrada de Currelos, conductor tipo R.H.V. e final no C.T. estrada de Currelos. C.T. prefabricado con potencia de 250 kVA e relación de transformación de 20.000/380-220 V. L.B.T. aérea de estrada de Currelos con lonxitude de 1,575 km, con orixe no apoio nº 1 da R.B.T. de estrada de Currelos, conductor tipo R.Z., e apoios de formigón. R.B.T. subterránea con lonxitude de 0,08 km con orixe no C.T. de estrada de Currelos, con conductor tipo R.V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 3 de decembro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo