Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 21 de xaneiro de 2002 Páx. 798

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 27 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 11/2001).

Para os efectos previstos no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, da Xunta de Galicia, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 136), sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Energías Ambientales, S.A.

Domicilio: r/ J. L. Bugallal Marchesi, 10-1º esq., 15008 A Coruña.

Denominación: parque eólico de Serra de Outes.

Concellos afectados: Mazaricos, Santa Comba, Negreira, Serra de Outes e Muros.

Coordenadas poligonais:

A: (X=511.000; Y=4.759.000)

B: (X=497.000; Y=4.756.000)

C: (X=495.672; Y=4.756.000)

D: (X=497.500; Y=4.751.700)

E: (X=498.330; Y=4.751.700)

F: (X=499.000; Y=4.747.000)

G: (X=507.000; Y=4.747.000)

H: (X=507.000; Y=4.743.000)

I: (X=511.000; Y=4.743.000)

Potencia que se vai instalar: 48 MW.

Durante o prazo de vinte días poderanse presentar solicitudes en competencia axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia.

A Coruña, 27 de novembro de 2001.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións