Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 21 de xaneiro de 2002 Páx. 796

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2001 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería eléctrica, do departamento de Enxeñería Eléctrica, a Manuel Ángel Prieto Alonso (praza 8/2001).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 2 de febreiro de 2001 (BOE do 23 de febreiro), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería eléctrica, do departamento de Enxeñería Eléctrica, en prol de Manuel Ángel Prieto Alonso, con documento nacional de identidade número 34934963-X, e cumprindo o interesado os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Manuel Ángel Prieto Alonso profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería eléctrica, do departamento de Enxeñería Eléctrica.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes,

contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado namentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 13 de decembro de 2001.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo